Monday 29 de April de 2024

O concello de Fene saca a concurso novas obras de pavimentación e mellora


Tal e como se recolle na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, o Concello de Fene ven de publicar a licitación de novas obras en todas as parroquias do termo municipal. Trátase de:
– Pavimentación en Barallobre e Maniños e alumeado público no entorno da pista polideportiva de Magalofes, por un importe de 42.226,52 €
– Pavimentación da estrada de Laraxe dende Areosa (Limodre), por un importe de 30.035,07 €
-Mellora da drenaxe e reforzo do firme no núcleo de Lubián (Sillobre), por un importe de 59.986,86 €.
– Pavimentación nos camiños da Revolta a Formosende (Fene), rúa Río Cádavo (Perlio), de Castro dende os Loureiros (Barallobre) e Valadoiro e Valado (Sillobre), por un importe de 57.856,56 E
A estas obras hai que engadir a licitación da pavimentación do Camiño do Catalán (Maniños), en fase de adxudicación, por un importe de 80.451,79 €.
Ademais, os servizos municipais están ultimando a licitación da renovación de servizos e pavimentos na Avenida das Pías (Estrada FE-14). Fase 1 (marxe dereita) cun orzamento de 355.140,26 €.